|
Con
carácter de Sociedade Civil constitúese a ASOCIACIÁCIÓN DE VECIÑOS DE BERDUCEDO E PIREIRO, que terá un ámbito de
actuación territorial nos barrios mencionados, no municipio de
Moaña, quedando claramente expreso que se acollerá ó Réxime da
Lei vixente de Asociacións.
Serán
fins da ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BERDUCEDO - PIÑEIRO :
a)
Atender as necesidades
sociais de cantos integren a barriada en todo o referente
a obras, urbanismo, condicións sanitarias, promoción da cultura
e da beneficiencia.
b)
Dar o asesoramento en forma xeral ou individual a os seus
asociados dos dereitos e deberes que para eles poden derivarse
dos citados fins.
O Enderezo da Asociación radicará
necesariamente nun local a
cargo do Concello ou na casa do pobo se a houbera e en principio
será o do PREESCOLAR de BeRDUCEDO - PIÑEIRO, local cedido polo
Axuntamento.
|